Unha vez retomadas as actividades habituais en materia de ocio logo da Pandemia que tanto nos incomodou, e despois de ver o éxito que tiveron as excursións tanto de Semana Santa co Camiño de Santiago, coma as de verán ao Parque Warner de Madrid e ao Parque Acuático de Vila Real(Portugal), o Concello xa está a preparar unha nova aventura en Manzaneda.
Este ano o inverno demorouse máis da conta, pero chegou con moito frío creando un escenario inmellorable para visitar a neve; por iso dende O Concello queremos convidar a todos os veciños e veciñas, así coma quen queira acompañarnos o próximo 4 de marzo a pasar un día diferente e divertido en Manzaneda.
A saída terá lugar na Praza do Concello ás 08:00 horas do sábado e a volta será ao mesmo punto sobre as 20:00 horas.
Cada persoa inscrita* levará a súa comida, tendo a posibilidade para quen queira de mercar alí.
O custe da actividade é de 28€/persoa ata 11 anos inclusive e de 34€ a partires dos 12 anos (os menores de 2 anos irán de balde).
Cómpre dicir que os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun adulto, mentres que os de 16 e ata a mayoría de idade poderán ir cunha autorización paterna/materna ou titor legal.
ANÓTATE!!! NON TE QUEDES SEN A TÚA PRAZA!!!!
*Inscricións ata o 25 de febreiro no 661 046 592(vía whatsapp) ou en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando nome completo, teléfono, idade no caso de menores e Concello de procedencia.