EN CONTRATACIÓN OBRAS POR MÁIS DE 200.000,00€ A TRAVÉS DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, PARA MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS EN PESQUEIRAS, ALXÉN, FORNELOS, SALVATERRA, OELIROS E CORZÁNS.

O Concello de Salvaterra informa que está en proceso de contratación obras para mellorar camiños municipais en Pesqueiras, Alxén, Fornelos, Salvaterra, Oleiros e Corzáns por máis de 200.000,00 a través do Plan Concellos da Deputación Provincial.

Dentro do Plan de mellora da rede viaria do municipio o Concello pretende arranxar  8 carreteras,   Coruxo  en  Pesqueiras, Feira en  Corzáns, Muiños en Alxén, Casco e Cimadevila  en Fornelos, Petraños-Coto en Oleiros, San Blas- Inquisición en Corzáns,  e A Picada en Salvaterra, máis de 3.000 metros onde se realizará limpeza e apertura de cunetas e extensión e compactación dunha capa de 5 cm de mistura bituminosa en quente tipo AC 16 Surf 50/70D.

 

ObrasCamiños