O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca no municipio de Salvaterra de Miño, retoma a partir desta fin de semana, a súa actividade habitual con novos horarios de atención ó público e maneiras de achegarse ós contidos museísticos.

O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea aposta de maneira inquebrantable pola excelencia valéndose da historia e da súa tradición. Un museo didáctico, experiencial e interactivo que procura por en valor a marca propia “Condado do Tea” así como promocionar un territorio unido baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Os días de apertura ó público serán de xoves a domingo en horario de 11h a 14h e de 17h a 19h. Ampliándose os días visitables cara a tempada de verán coa apertura tamén ós mércores.

En prol da maximización dos recursos tecnolóxicos dos que dispón o museo, as visitas guiadas faranse mediante unha aplicación que o visitante poderá descargar no seu teléfono ou dispositivo móbil.

As visitas para grupos precisan de reserva previa que deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico:

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Museo1Museo2