XVIII CONVOCATORIA “PREMIOS EDUCACIÓN. CURSO 2022/2023” que inclúe 3 viaxes ao Reino Unido e 14 lotes informáticos.

O Concello de Salvaterra convoca un ano máis, a decimoitava edición xa, os “Premios de Educación”.

A iniciativa dos ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’ naceu co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes, chegando este ano á súa decimoitava edición.  Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na procura de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábito que marcará o seu futuro e que os poñerá en valor como persoas e profesionais. Nese sentido e se cadra, agora máis ca nunca tendo en conta a situación que continuamos a vivir e a importancia que se cabe áinda máis haberemos de outorgalle a valores como os que este tipo de convocatorias pretende incentivar tales como o esforzo, loita, superación…, nun mundo de cada vez máis competitivo, difícil e incerto, consideramos necesario continuar mantendo estas iniciativas.

(Salvaterra foi un dos primeiros e dos poucos concellos que premia a excelencia académica...) ….

Toman parte neste concurso o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e dos tres Centros de Educación Primaria de Salvaterra de Miño -CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares-, en todos os seus finais de etapa e establécense como premios:

-          por un lado, catorce lotes informáticos compostos por unhaTablet con funda e memoria micro SD 64gb, para @s [email protected] do 2º Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura, FP básica, 4º da ESO do IES Salvaterra así como para @s [email protected] de 6ª de Primaria de cada un dos tres centros educativos de Primaria do Concello.

-          Para o alumnado de 2º de Bacharelato, tal e como se viña facendo a excepción da época de pandemia en que houberon de ser adaptadas, concederanse tres bolsas de estudos que consistirán nunha viaxe de tres semanas a Reino Unido durante o verán, na localidade de Worthing (costa sur do país) ao obxecto entre outros de perfeccionar a lingua inglesa así como a inmersión na cultura e que inclúe: viaxe de ida e volta en vós directos dende Galicia, aloxamento en familia en réxime de pensión completa, curso de inglés Xeral de 3 semanas, material escolar, certificado de asistencia, actividades, tarxeta de transporte e seguros…

A entrega dos mencionados premios terá lugar tras a finalización de todos os cursos e etapas, en datas que serán anunciadas no seu momento e levarase a cabo no Salón de Plenos do Concello.

PEMDAS