COMEZAN OS CURSOS DE NATACIÓN NA PISCINA MUNICIPAL DE SALVATERRA
Un ano máis retomamos os cursos de natación en colaboración coa Asociación Deportiva Salvaterra que se impartirán durante os meses de xullo e agosto en diferentes franxas horarias. Os cursos para nenos, nenas e adultos son xa unha das actividades máis demandadas do verán en Salvaterra de Miño.