En total foron 14 premios consistentes en equipos informáticos compostos por unha tablet, unha funda e unha memoria micro SD; dese total 5 foron para o Instituto de Educación Secundaria (4º ESO, FP Básica e Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura), outros 5 para o CEIP Infante Felipe e 2 para CEIP de Leirado e tamén 2 para o CEP Carlos Casares.

Ademais os tres mellores expendientes de 2º de Bacharelato foron premiados con 3 bolsas de estudos que consisten nunha viaxe ó Reino Unido para perfeccionar a lingua inglesa.

O acto de entrega celebrouse na mañá deste venres no salón de plenos do Concello e acudiron a alcaldesa de Salvaterra de Miño Marta Valcárcel, a concelleira de Educación Lorena Soto, representantes dos centros educativos, estudantes e familiares.

pre1pre2pre3pre4pre5