Coma se dun equipo profesional se tratase, a Alcaldesa recibiu na xornada de onte ao equipo Xuvenil das E.D.Salvaterra.
Fai 15 días estes xoves xogadores acadaban o título da Copa Federación tras unha vibrante tanda de penaltis logo do empate sen goles fronte ao Caldelas(Clube amigo, campión de liga e onde o seu Presidente, Corpo técnico e xogadores mostraron absoluta deportividade).
Moito mérito teñen estes rapaces adestrados polo noso compañeiro Edgar Martínez, quenes a pesares de ser prácticamente novos na categoría, fixeron unha tempada para a lembranza xogando fase de ascenso e conquistando a Copa.
A Alcaldesa Marta Valcárcel recibiunos no Concello para compartir unhas verbas e obsequialos cunhas camisolas conmemorativas do título acadado, sen esquecerse do ceo, onde observa e axuda orgulloso en todo momento o seu SEMPRE ETERNO PRESIDENTE, Antonio Bernárdez Gándara.
Como broche de ouro, a expedición saliu ao balcón a brindarlle ao seu “Presi” o título.
Dende o Concello queremos transmitirlle unha vez máis os nosos Parabéns a toda a familia das Escolas Deportivas e os animamos a seguir practicando deporte e empapándose dos seus valores.
Parabéns Salva!