Os veciños de Salvaterra Luis Bato Vieitez e Artai Fernández Andrés veñen de acadar moi bos rexistros no Campionato de España Cadete de Natación con Aletas celebrado en Pamplona nos días 1-2 de xullo.
Estes xoves nadadores estreábanse na categoría cadete pola porta grande, xa que para acceder a esta fase final hai que marcar uns rexistros mínimos de participación, e tendo en conta que contaban con casi 350 nadadores do territorio nacional, os nosos veciños marcaron moi bos tempos. Artai acadaba o 5º mellor posto nos 50m, mentres que Luis Basto voaba pola auga para conquistar a medalla de Prata.
Ademais, nos 100 e 200 m, situáronse no top 8 da xeneral e no top 3 nacional no seu ano, polo que se agarda unha evolución todavía maior na próxima tempada.
O seu obxectivo está moi claro: entrar na Preselección Nacional para poder acceder a campionatos de Europa/Mundial, como a nosa veciña Aldara.
Dende o Concello, queremos transmitirlle os nosos parabéns a estes grandes deportistas, así como ao seu adestrador Iván España, para que manteñan esa ilusión, constancia e hábitos saudables do deporte e poidan acadar as súas metas.
Parabéns Luis, parabéns Artai!!