ALDARA PLATA Y BRONCEA pasada fin de semana disputábase en Torrevieja o Campionato Nacional Xuvenil de distintas modalidades de natación, onde a nosa veciña, a xove Aldara Andrés Souto participaba como Xuvenil de 1º ano nas distintas categorías de bialetas.

Aldara, quen ven de ser unha referente nacional nas categorías infantís, segue sendo unha deportista a ter en conta e que dará que falar, xa que no seu 1º ano na nova categoría, ven de acadar a medalla de Bronce e medalla de Prata nos 50 e 100 metros bialetas respectivamente.

Maís éxitos para esta rapaza que descubriu na auga a súa paixón e que non deixa de ter cada vez maior impacto no que a logros se refire.

Dende O Concello dámoslle os nosos parabéns a esta xove e consolidada deportista, e a animamos a que manteña a ilusión e constancia neste deporte tan saudable.

Parabéns Aldara!!

ALDARA PL1