NotaPrensaA Alcaldesa do Concello de Salvaterra de Miño reuniuse co Director da Área Sanitaria de Vigo para examinar e buscar unha solución a situación na que se encontra o Centro Médico do municipio, que debido á Baixa repentina de dous médicos o xoves, e ás vacacións de verán, fixo que o venres o Centro se encontrara só cun médico e a pediatra. Dende a Área Sanitaria de Vigo trasladan que unha Baixa xa está cuberta e a outra estase intentando cubrir por todos os medios.