MÚSICA, ACTIVIDADES INFANTÍS E A FESTA DO VIÑO CENTRAN O VERÁN CULTURAL DE SALVATERRA DE MIÑO

Dende o 28 de xullo e ata o 27 de agosto o público poderá desfrutar dunha programación variada con festas que repiten e novidades. Presentamos o Verán Cultural 2023, unha programación dirixida a todo o público sen olvidarnos dos máis pequenos da casa que este ano teñen un apartado especial. O inicio terá lugar o 28 de xullo co concerto de Verónica Codesal no recinto amurallado e rematará coa LXIV Festa do Viño do Condado do Tea.PresentacionVeranCultura Non podemos esquecer festas tan importantes e destacadas como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla ou Imos de Guateque; que continúan crecendo en público e que son un atractivo dentro e fora do noso Concello.

Nos próximos días chegará as casas toda a programación detallada do Verán Cultural de Salvaterra de Miño pero xa adiantamos aquí as datas:

   - Venres 28 xullo: Concerto “Verónica Codesal”

   - Sábado 29 xullo: Concerto “Carlos Núñez”

   - Luns 31 xullo: O Mundo a Danzar

   - Mércores 2 agosto: Espectáculo infantil “Bambolina”

   - Xoves 3 agosto: Baile Moderno e Coliño Bailongo

   - Sábado 5 agosto: O Son da Muralla

   - Luns 7 agosto: Festa Hinchables de auga

   - Xoves 10 agosto: Festa de San Lourenzo

   - Sábado 12 agosto: Imos de Guateque

   - Luns 14 agosto: Festa da Espuma e Animación musical

   - Xoves 17 agosto: Cine Infantil

   - Venres 18 agosto: Cine Infantil

 

E pecharemos esta programación os días 25, 26 e 27 coa LXIV Festa do Viño do Condado do Tea.

   - Venres 25 agosto: Inauguración, con concertos de “Lucky Duckies” e “A Roda”.

   - Sábado 26 agosto: Concertos de “SondeSeu” e “Fanfarria Taquikardia”.

   - Domingo 27 agosto: Concertos de “O Fiadeiro”, “La Sombra de Justine” e “La Patrulla”.

 

Agardámosvos neste verán en Salvaterra de Miño

WEB01WEB02WEB03WEB04

WEB05WEB06WEB07WEB08

WEB09WEB10WEB11WEB12

WEB13WEB14WEB15WEB16