A artista galega presentará por primeira vez en Galicia o seu novo disco “100 Voltas” e será o 28 de xullo ás 22:30h no recinto amurallado con entrada gratuíta. Faltan tan só dous días para que inauguremos o Verán Cultural 2023 de Salvaterra de Miño e a persoa encargada de abrir a programación cultural será Verónica Codesal. A integrante do grupo Ialma, ven acompañada dos músicos Didier Laloy co acordeón diatónico, Damien Chierici ó violín e Boris Tchango coa percusión e batería. Xuntos presentan o novo disco “100 Voltas” e será a primeira vez que soará en Galicia.