O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO E ANPA CHAN DA PONTE ORGANIZAN O OBRADOIRO “TOMA DE DECISIÓNS E INTELIXENCIA EMOCIONAL”

Dirixido a rapaces e rapazas de entre 15 e 21 anos celebrarase o 7 de setembro na Casa do Conde. O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa ANPA Chan da Ponte do IES Salvaterra de Miño lanzan un obradoiro dirixido a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 15 e 21 anos baixo o título “Toma de decisións e intelixencia emocional”. A través deste módulo práctico e dinámico búscase que os participantes aprendan a tomar decisións e a identificar emocións de xeito que adquiran as ferramentas necesarias para a xestión emocional que precisan no día a día. O obradoiro, que é gratuíto, ten prazas limitadas polo tanto respectarase a orde de inscrición segundo recepción e impartirase na Casa do Conde en dúas sesións no día 7 de setembro en horario de 09:15 a 14:00 h. Os interesados e interesadas en participar deberán inscribirse antes do 28 de agosto a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando o seu nome, apelidos e teléfono.

18 08 23 OBRADOIRO TOMA DE DECISIÓNS18 08 23 OBRADOIRO TOMA DE DECISIÓNS 2