Trátase dun proxecto ambicioso no que se leva anos traballando de maneira conxunta entre España e Portugal. O Boletín Oficial do Estado con data do 17 de agosto de 2023 ven de publicar a resolución que permitirá a Xunta de Galicia e Goberno Portugués iniciar os trámites para a elaboración do proxecto de evaluación técnica e de custos da amplicación do actual taboleiro da Ponte Internacional Suso Vaamonde. O proxecto, enmarcado dentro do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible e o Plan de Movilidade Urbana Sostible do Concello de Salvaterra de Miño, posibilitará a instalación dun carril bici e peonil na ponte que une Salvaterra de Miño con Monção. Dita resolución chega despois de anos traballo conxunto cun protocolo asinado o 28 de outubro de 2021 na cumbre España-Portugal e de acordo co asinado o 15 de marzo de 2023 na cumbre España-Portugal de Lanzarote. Agora España da luz verde para que se poida iniciar a elaboración dun proxecto ambicioso que mellorará a accesibilidade sustentable e a seguridade entre a Eurocidade Salvaterra- Monção.

18 08 23 Proxecto ampliación Ponte Internacional