Emprego

SALVATERRA DE MIÑO CONTRATA UN TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL

Trátase dun servizo que se iniciou no ano 2020 e que ofrece asesoramento e axuda na búsqueda activa de emprego. O Concello de Salvaterra de Miño a través dunha subvención da Xunta de Galicia inicia o proceso de contratación para incorporar un técnico de orientación laboral durante 12 meses. Os requisitos da oferta son estar en posesión do título de diplomado ou licenciado universitario, preferentemente en Psicoloxía, Psicopedagoxía, Pedagoxía, Socioloxía, Educación Social, Traballo Social, Relacións Laborais ou Graduado Social. O técnico a través da oficina de orientación realizará diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional da persoa demandante, deseño do itinerario personalizado para o emprego; acompañamento personalizado; deseño, planificación e execución de accións grupais; asesoramento e axuda técnica (currículo e técnicas de búsqueda activa de emprego); información e asesoramento sobre o mercado de traballo, ofertas formativas e proxectos emprendedores; apoio á xestión da mobilidade laboral. As persoas interesadas disporán de 5 días naturais a partir da publicación do anuncio en prensa para a presentación de solicitudes.

iconoPDFBases contratación..