O MÉRCORES 27 DE SETEMBRO INAUGÚRASE A EXPOSICIÓN “CARTOGRAFÍA DE A RAIA” NO MUSEO DA CIENCIA DO VIÑO E CASA DO VIÑO DE SALVATERRA
A exposición poderase visitar ata o vindeiro 8 de outubro en horario de mércores a domingo de 11 a 14 h y de 17 a 19 h. O Centro Xeográfico do Exército de Terra e a Subdelegación de Defensa en Pontevedra, en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, organizan a exposición «Cartografía de A Raia», unha mostra da evolución histórica dos traballos para o establecemento da fronteira con Portugal, prestando atención preferente á zona fronteiriza ó longo do Río Miño. A través de láminas ilustrativas, métodos e instrumentos empregados a exposición amosa a cartografía histórica de Galicia e a provincia de Pontevedra, con especial fincapié na fronteira luso-española. A inauguración será o mércores ás 19:00h no Museo da Ciencia do Viño e partir dese día todo aquel que queira poderá visitar a exposición ubicada en dito museo e na Casa do Viño ata o 8 de outubro en horario de mércores a domingo de 11:00 a 14:00h e de 17:00 a 19:00h. Ademais o vindeiro mércores 4 de octubre, ás 19:00h, terá lugar na Casa do Viño a conferencia «Trabajos de delimitación en A Raia», con entrada libre ata completar a capacidade.