Todas as obras expostas pertencen a maiores de 65 anos que participaron nas anteriores edición. Dende este mércores 11 de outubro nas instalacións do Concello de Salvaterra de Miño alberga unha exposición temporal coas obras realizadas polos alumnos e alumnas do curso de pintura para maiores de 65, que se vén impartindo dende o ano 2021. Tal e como nos recalca a súa profesora Emma, “poderemos ver traballos que realizaron durante o pasado curso persoas que nunca antes pintaron e que amosaron unha grande destreza e interese pola actividade”. A exposición poderá visitarse ata final de mes no concello e supón o mellor expoñente da necesidade e valor das actividades para maiores, unha iniciativa que se ven desenvolvendo nos últimos anos e que ven de pechar as inscricións para este curso que comenza a vindeira semana.

Cartel Expo