A pasada fin de semana tivo lugar en Santander o Máster N3 SUB 13 E SUB 17, proba Nacional de Bádminton.

Ata alí chegaban @s nos@s deportistas para facer o que mellor saben: divertirse xogando ao tempo que traen para Salvaterra medallas e máis medallas.

Na categoría sub 13, unha final plenamente salvaterrense, onde os irmáns Iago e Xoel Álvarez Moldes acadaron un ouro fronte aos seus compañeiros Brais Cambra e Xoán Balboa, que se levaron a prata.

Ao mesmo tempo, en Teixeiro (A Coruña) as irmáns Lemos acadaban a medalla de bronce no Top TTR N6 SUB 13 -SUB 17 na modalidade de Dobres Feminino.

Aínda xogando nunha categoría superior, Inés e Eva Lemos demostran un nivel de traballo que dan os seus froitos, acadando un meritorio 5º posto na modalidade individual.

Por outra banda, Pablo Fernández consegue o 4º posto en dobres no Top TTR N6 SUB13-SUB17. Compre lembrar que Pablo aínda é SUB9 e segue no seu proceso de formación xogando en duas categorías superiores contra rapaces SUB13... ESPECTACULAR!!

Dende O Concello queremos transmitirlle a tod@s el@s moitos parabéns e os animamos a seguir medrando no deporte e nos valores propios do mesmo.

Parabéns rapac@s!! A seguir así!!

Badminton1

Badminton2Pablo