A actividade, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 11 anos, terá lugar na Praza do Concello de Salvaterra de Miño. Achégase unha das datas máis esperadas do calendario para pequenos e maiores: o Samaín. Este ano o Concello de Salvaterra de Miño presenta a primeira das actividades na que os protagonistas serán os máis pequenos da casa. O vindeiro luns 30 de outubro teremos a partir das 17:00h na Praza do Concello unha tarde de medo “En busca do Tesouro”, será unha divertida tarde con diferentes actividades dirixidas a tódolos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos. O prazo de inscrición para participar na actividade que é totalmente gratuita comeza o 16 de outubro e remata o 24 deste mesmo mes. Para inscribirse deberán chamar o teléfono 629770177 ou ben escribir ó correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando o nome completo, DNI, teléfono e idade. Esta non será a única actividade prevista polo Concello de Salvaterra para esta festividade, nos próximos días anunciaremos a data do roteiro de Samaín e con el os prazos de inscrición para participar.

09 10 23 Cartel Samaín Tarde de medo