SUSPÉNDESE O ROTEIRO DE SAMAÍN DO MARTES 31 POR MOTIVOS DE SEGURIDADE ANTE A PREVISIÓN METEOROLÓXICA
Ante as constantes choivas que están afectando ao estado dos nosos montes e a previsión dos vindeiros días, lamentamos ter que informar da SUSPENSIÓN do Roteiro de Samaín.
Logo de estudar as distintas posibilidades coa empresa que nos xestiona o evento, decidiuse proceder á dita suspensión principalmente por motivos de seguridade, ao non poder garantizar un roteiro seguro nin para os traballador@s, nin para os máis de 60 voluntari@s do Concello, como tampouco aos 1670 participantes, entre os que se atopan moitos nen@s.