Hoxe temos a ledicia de presentar o 4º CICLO DE CIN DE INVERNO do Concello de Salvaterra de Miño. Como ven sendo costume en Salvaterra, o comezo dun novo ano trae consigo o xa habitual Ciclo de Cine de Inverno, unha alternativa de ocio cinematográfico para pasar as noites do sábado e as tardes do domingo. Dende o 20 de XANEIRO ata o 10 de MARZO, nenos e maiores poderán gozar dunha oferta coas estreas do ano 2022 e 2023 que cumprirán as expectativas dos espectadores. Os sábado ás 22:00 da noite e os domingos ás 17:00 horas(sesión infantil) no salón de actos da Casa de Cultura temos unha cita cinematográfica DE BALDE. Xa sabedes, comeza este 2024 cun inverno de cine!! Agardámosvos!!

08 01 23 Ciclo Cine Inverno