SALVATERRA DE MIÑO INICIA AS OBRAS DE REPARACIÓN DOS DANOS OCASIONADOS POLAS INUNDACIÓNS POR VALOR DE 140.000 EUROS

O Concello de Salvaterra de Miño acaba de iniciar as obras de reparación dos danos ocasionados polas inundacións cun importe de preto de 140.000 euros a través da subvención da Deputación de Pontevedra para a reparación dos danos causados polas inundacións acontecidas nos Concellos da provincia de Pontevedra a principios do ano 2023. Despois de obter os permisos de Confederación Hidrográfica Miño Sil, que permitiron a licitación do proxecto, o Concello de Salvaterra de Miño inicia as obras de reparación de danos no camiño do Xestal en Arantei. Ao que lles seguirán as obras no camiño Espedrigada en Porto, na Fillaboa, camiño no Muíño da Ponte en Corzáns, camiño de Serradela a Casco, Medóns e Sampríns na parroquia de Leirado.

17 01 24 Reparación inundacións 117 01 24 Reparación inundacións 2