A ruta que continúa este venres reforazará a oferta co fin de atraer máis público que non puido degustar os pinchos. O primeiro día da I Ruta Pinchoterra superou tódalas expectativas esgotando os pinchos que os establecementos tiñan preparados para o público. En total entre os 26 locais participantes servíronse máis de 2000 pinchos e practicamente todos remataron coas existencias. O Concello de Salvaterra de Miño valora a acollida da iniciativa gastronómica que pon de relevo o bo facer da nosa hostalaría e a calidade do produto ofertado, salientando que o público procedente do noso concello e doutros da zona encheu as rúas de Salvaterra de Miño. Co fin de chegar a máis xente, os establecementos reforzarán a súa oferta de cara a este próximo venres para que poidan degustar os pinchos e participar na ruta. Recordamos que a I Ruta Pinchoterra terá lugar todos os venres do mes de abril e que conta cun sorteo de 37 premios. Aquelas persoas que participen poderán gañar un primeiro premio que consiste nun vale de 260 euros para consumir nos locais adheridos, 26 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros. Para participar cada consumidor deberá recoller o seu pasaporte nos locais adheridos e conseguir un total de 6 selos (6 pinchos diferentes), cubrir os seus datos persoais e contestar cal foi o seu pincho favorito. Toda a información referente á ruta como horarios, locais, ubicacións, pinchos e sorteos poderá consultarse na web pinchoterra.concellodesalvaterra.com 

Pinchoterra