O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA AGRUPACIÓN DOS CONCELLOS DE ARBO, SALVATERRA DE MIÑO E CRECENTE OFRECE UNHA CHARLA PARA FAMILIAS

O SAT da agrupación dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente realiza este mércores 10 de abril ás 17:30 horas unha charla baixo o título “Adquirir rutinas” para familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos. A charla impartida por Susana Lorenzo Váquez, terapeuta ocupacional, terá lugar na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño e busca axudar os pais e nais a coñecer mellor o desenvolvemento d@s pequen@s, recoñecer as súas dificultades e introducir rutinas segundo a idade. Calquera persoa interesada con nen@s de 0 a 6 anos pode participar chamando antes ó 676229041 ou ben acudindo directamente. O SAT da agrupación dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente que desenvolve a súa actividade presencialmente en cada un dos concellos en instalacións destinadas a tal fin atendeu durante o último ano un total de 87 usuarios pertencentes ós tres municipios. Trátase dun servizo para a poboación infantil de 0 a 6 anos dos tres concellos que conta cun equipo multidisciplinar formado por 1 psicóloga e coordinadora do servizo, unha terapeuta ocupacional e unha logopeda. Esta non é a primeira charla que ofrecen ás familias senón que ó longo do ano desenvolven diferentes actividades.

ADQUIRIR RUTINAS