SALVATERRA DE MIÑO ABRE O PRAZO DO INSCRICIÓN PARA UN SEGUNDO CURSO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

Curso Manipulación AlimentosTras o éxito do anterior curso de Manipulación de Alimentos realizado o pasado venres 5 de abril e ante a demanda de formación entre os nosos veciños e veciñas, a Federación de Mulleres de Pontevedra (FEMUPO) a través do Plan Corresponsables oferta unha segunda data para a formación presencial dirixida a mulleres e homes. O curso que se celebrará na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño o 20 de abril de 10:00 a 13:00 horas ten abertas as inscricións en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou 629 770 177. Prazas limitadas.

 

Foto Curso