A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número de pinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A I Ruta Pinchoterra de Salvaterra de Miño rematou o pasado venres con cifras récord chegando case ós 4.000 pinchos vendidos e sumando en total máis de 12.500 que se serviron durante todo o mes de abril. O público que valorou positivamente a elaboración nas propostas gastronómicas percorreu durante este mes os 26 establecementos de hostalaría enchendo os locais e rúas da vila e das parroquias. Agora chega o momento tan esperado entre o público, o vindeiro luns 6 de maio procederase a realizar o sorteo dos 37 premios que consisten nun primeiro premio dun vale de 260 euros para consumir nos locais adheridos, 26 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros. O luns o sorteo e reconto realizarase ás 18:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño contando cos hostaleiros e estará aberto ó público en xeral. Posteriormente publicaranse os gañadores dos sorteos da ruta na páxina web pinchoterra.concellodesalvaterra.com

Pinchoterra