O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO DESTINA PRETO DE 53.000,00€ PARA SEGUIR AVANZANDO NA INSTALACIÓN DE CONTADORES DE AUGA INTELIXENTE NO RURAL.

A mellora realízase a través da subvención para execución de obras co fin de minimizar as perdas de auga en entidades locais da comunidade autónoma de Galicia que xestiona Augas de Galicia. O Concello de Salvaterra iniciaba o ano pasado un plan de modernización do sistema de contadores no rural que segue ampliando este ano, coa instalación de 247 contadores intelixentes e que se suma aos 150 instalados xa en Lourido, Soutolobre e Corzáns, obras que se enmarcan dentro das directrices marcadas pola Auditoría Municipal de Abastecemento e o Plan de actuacións do Concello para reducir as perdas de auga, aprobado en novembro do ano 2022, que establece a orientación da inversión necesaria e unha programación temporal de inversión. A instalación destes 247 contadores levarase a cabo nas parroquias de Pesqueiras, Meder e parte de Fornelos, Estes contadores electrónicos, equipados con módulos de comunicación, permitirán realizar lecturas diarias, proporcionando información sobre os volumes de auga consumidos polos usuarios de maneira automática. Esta medida busca facer o sistema máis eficiente e mellorar a xestión do abastecemento. Un paso adiante na xestión intelixente dos resursos hídricos, contribuíndo a sostenibilidade e a eficiencia no consumo de auga na localidade.

19 09 24 contadores