O pasado mércores daba comezo o primeiro dos cursos de dixitalización aplicada na nova aula da Casa Cultura de Salvaterra de Miño, espazo que forma parte da Rede Estatal de Centros de Capacitación Dixital en entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia Financiado pola Unión Europea Next Generation EU. En total foron 15 alumn@s que a través dunha formación de 30 horas de duración aprenderon a identificar, localizar, obter, almacenar, organizar e analizar información dixital, datos e contidos dixitais, avaliando a súa finalidade e relevancia para as distintas tarefas profesionais. O vindeiro martes iniciarase un novo curso, recordemos que son totalmente gratuitos, que xa está completo e que proporcionará formación a outras 15 persoas máis. Para os seguintes do 14 ó 23 de outubro, do 28 de outubro ó 7 de novembro e do 11 ó 20 de novembro aínda quedan prazas. Aquelas persoas interesadas poden chamar ó 637 832 769 ou enviar un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Fin curso Capacitación Dixital