Esta semana o xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, César Pérez Ares, xunto a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, a concelleira de Educación, Lorena Soto, e a directora do CEP Carlos Casares, Ana Belén González; visitaron as obras de mellora no centro educativo deste municipio. A Concellería de Educación da Xunta de Galicia executa a obra para a instalación dunha nova rede de fontanería no CEP Carlos Casares en Alxén, Salvaterra de Miño. A antiga instalación que presentaba un deterioro notable era de tubos de ferro galvanizado e alxíbes de fibrocemento polo que se realizou o cambio por tubos de aceiro inoxidable e válvulas e billas de aceiro. Na obra contémplase ademais un novo circuito hidraúlico en aceiro inoxidable e con filtros autolimpiables. Esta mellora supón un investimento no centro dun total de 37.664,32 euros.