As interesadas tan só deberán achegarse ó Concello de Salvaterra de Miño para recoller o detector de fume que se lles entregará de forma gratuíta cunha sinxela guía de uso, mantemento e precaucións. O reparto dos dispositivos retómase dado que Salvaterra de Miño é un municipio que segue gañando poboación e tendo en conta o número considerable de maiores apóstase por aumentar a seguridade coa entrega dos aparellos. Esto xurde froito dun convenio entre a Axencia Galega de Emerxencias no marco do proxecto ARIEM 112, o Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento e o Concello de Salvaterra de Miño.

15 10 24 Detectores fume