O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha un obradoiro de risoterapia destinados ás persoas adultas. Como disciplina terapéutica, a risa ten moitos beneficios físicos, psíquicos, emocionais e sociais para todas as persoas. Trátase dunha actividade gratuíta que se desenvolverá na Casa do Conde todos os martes do 29 de outubro ó 3 de decembro, en horario de 18:30 a 20:00. Para rír ben a gusto, é aconsellable vir con roupa e calzado cómodos e unha esterilla. As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden inscribirse xa a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
As prazas son limitadas!!