O Concello de Salvaterra de Miño anuncia que os días 13, 14, 15 e 16 decembro desenvolverase na Casa do Conde un Curso nivel básico de manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios de forma presencial. A formación levarase a cabo os días 13 e 16 en horario de tarde e os días 14 e 15 en horario de mañá. Todas aquelas persoas interesadas poderán solicitar máis información e inscribirse de xoves a domingo no Museo da Ciencia do Viño a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no 617 148 866. As prazas son limitadas.

 

30 10 24 Curso Fitosanitarios def 2024