Nesta edición a festa comezará o venres 6 de decembro e continuará os días 7 e 8 cos espumosos da DO Rías Baixas como grandes protagonistas.

 

Cando falta menos dun mes para comezar o mes de decembro, a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, a concelleira de Cultura, Lorena Soto, e o presidente da Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos, Antonio Alén; presentan a X Festa do Viño Espumoso D.O. Rías Baixas en Salvaterra de Miño. Nesta edición tan importante, a festa ampliarase cun día máis coincidindo a celebración nos días 6, 7 e 8 de decembro no recinto amurallado, contando como en edicións anteriores cunha carpa que albergará os protagonistas desta festa, os espumosos. En total serán once as adegas participantes, unha máis que o pasado ano, que ofrecerán os seus viños espumosos e todo acompañado de tapas diversas ademais de doces, cafés e chocolates; unha festa que mantén a mesma filosofía, por en valor os viños espumosos da nosa comarca, un produto que ano a ano vai gañando adeptos. Ademáis de viño e gastronomía este ano tamén haberá música para amenizar a festa. O público poderá desfrutar con grupos como Los Lunes al Sol, La Mafia, Terapia de Grupo, La Buena Vida, Alter Nós, A de Sabas, La Franga ou Rukan Rock Blues, entre outros. A inauguración terá lugar o venres día 6 de decembro ás 18:00 horas coa actuación de A.C. Pontenova e a apertura dos stands. O sábado 7 de decembro comezará a festa ás 12:00 horas e ás 18:30 horas haberá Show de Cócteles de Espumoso a cargo de Sebaristas. E o domingo ás 11:30 horas terá lugar o acto de nomeamento de novos cofrades da Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos para posteriormente realizar o tradicional degüelle a sable e brindis a cargo de Luis Paadín e Alejandro Paadín, Ambassadeurs du Champagne de España e formadores homologados de cava. Ademais, a Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos organiza para o 4 de decembro unha Master Class sobre coñecementos prácticos na elaboración de viños espumosos polo método tradicional impartido por Agustí Torelló I Sibill. Unha formación dirixida principalmente a profesionais do sector cun custe de 40 euros. Máis información en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

13 11 24 Presentación X Festa do Viño Espumoso