O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO HOMENAXEA Ó “GAITEIRO DE LIRA” COA SUBSTITUCIÓN DA SÚA LÁPIDA POR UNHA CON ESPITAFIO EN GALEGO

 

O sábado 16 de novembro, cando se cumpren 117 anos do nacemento de Luís Soutullo Iglesias, "o gaiteiro de Lira"; a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e o Concello de Salvaterra de Miño organizan un acto no cemiterio de San Simón da parroquia de Lira ás 12:00 horas onde se descubrirá a súa lápida en galego. Actualmente no cemiterio só hai unha lápida cun epitafio en galego polo que este acto supón un compromiso coa lingua, coa historia e cultura. O Concello de Salvaterra quere así homenaxear a todos os defuntos, e nomeadamente ao "gaiteiro de Lira", porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu. O acto será amenizado polo grupos de pandereteiras e pandereteiros da parroquia e "Xistra de Coruxo".

 

14 11 24 Convite Acto Lira