Esta mañá comezaron os traballos de exhumación no cemiterio de Cabreira en Salvaterra de Miño onde estiveron presentes as alcaldesas e concelleiras de Moaña e Salvaterra de Miño. A investigación histórica previa, elaborada dende o grupo HISTAGRA, coa colaboración da Comisión pola recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña e outros investigadores locais, apunta o enterramento de cinco persoas, nun principio, descoñecidas, na fosa de Cabreira, tras ser paseados o 18 de outubro de 1936. A hipótese de identificación coa que se traballa sinala que alí poden estar enterrados os restos de cinco veciños de Moaña.

18 11 24 Exhumación Cabreira