Achégase o Nadal e o Concello de Salvaterra de Miño comeza a anunciar as actividades e iniciativas de cara a esta data tan especial. O pasado ano organizouse por primeira vez o Concurso de Escaparates no que participaron un total de 13 establecementos da vila e que acadou moitas visualizacións nas redes sociais. Nesta edición o concurso terá dúas categorías: unha de escaparates de Nadal para os establecementos e comercios e outra de balcóns e fiestras para veciños e veciñas de Salvaterra de Miño. Ó fin desta inciativa é promover o espírito do Nadal entre a poboación e promocionar o noso comercio e a súa oferta ademais do propio Concello e os seus atractivos. Os establecementos e persoas interesadas deberán enviar a súa foto antes do 13 de decembro ó correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. onde ademais indicarán os seus datos para a participación no concurso. Unha vez recibidas as fotos publicaranse nas redes sociais do Concello de Salvaterra de Miño (Instagram e Facebook). O gañador será o que maior número de Me Gustas consiga entre as dúas redes sociais unha vez finalice o concurso o 7 de xaneiro, ó día seguinte publicarase o escaparate e balcón ou fiestra que gañaron o concurso. O premio para o mellor escaparate está composto por unha cea para dúas persoas, dous bonos para o Espazo Lúdico Termal de Teáns-Oleiros e vídeo promocional do local. O premio para o mellor balcón ou fiestra será unha cea para dúas persoas e dous bonos para o Espazo Lúdico Termal de Teáns-Oleiros.