O Concello de Salvaterra de Miño ven de solicitar a través do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra a renovación das instalacións do Pavillón Cándido Carrera. Un proxecto que conta cunha financiación de 140.841,45 euros a través do Plan +Provincia e que ascende a máis de 314.000 euros.
Esta acción únese as xa executadas polo Concello en busca da modernización das instalacións deportivas. Con esta última actuación acadase unha histórica inversión de preto de 1.500.000 euros con inversións realizadas tan importantes como a mellora das instalacións deportivas do Casal, do Campo de Fútbol do Oural, das instalacións deportivas da Canuda ou a modernización do Campo de Fútbol Antonio Bernárdez Gándara – Dextros.
Debido o gran uso do Pavillón Cándido Carrera, é moi necesario facer inversións de mellora, como por exemplo a pista de xogo, que será substituída totalmente, debido ao uso prolongado durante anos e ao desgante da madeira que fai necesario un cambio completo. Ademais de mellorar a recollida de augas pluviais da cuberta, a mellora da ventilación, instalando un sistema mecánico que force a ventilación e mellore a renovación de aire que na actualidade se produce de forma natural mediante ventás abertas nos laterais do pavillón.
Outra mellora obxecto desta actuación é a instalación dunha cortina divisoria da pista para que durante os diferentes usos que hai no pavillón se poida dividir a pista en dous cun elemento separador.
Desta maneira dase resposta a unha solicitude dos usuarios e usuarias da instalación deportiva e séguese co plan de mellora e modernización das instalacións deportivas municipais que está levando a cabo o equipo de goberno.

