O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO MANTÉN A PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO COA EMPRESA ADXUDICATARIA DO SERVIZO DE APOIO Á DIXILATIZACIÓN EN SISTEMAS DE XESTIÓN INTEGRAL DA AUGA EN ENTIDADES LOCAIS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES REALIZADA POR AUGAS DE GALICIA
Unha vez que Salvaterra de Miño entrou na selección de concellos que participan na primeira fase do proxecto de “Desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais de monitorización de sistemas de abastecemento de auga potable en alta” convocada no ano 2024, a alcaldesa de Salvaterra de Miño o tenente de alcalde mantiveron a primeira reunión de toma de contacto.
A reunión serviu para describir as actuacións especificas de dixitalización do sistema de abastecemento en alta que se van a realizar no Concello de Salvaterra de Miño e que se engaden as xa realizadas polo Concello en dixitalización tanto na rede de abastecemento como na de saneamento.
A finalidade deste proxecto é colaborar cos concellos para a adopción de ferramentas que permitan a xestión e operación en remoto e en tempo real dos sistemas de abastecemento en alta, a través da implantación e posta en marcha dunha serie de estacións dixitais de monitorización, ademais de proporcionar a Augas de Galicia un sistema de información que lle permita recompilar, visualizar e compartir información relativa ao funcionamento dos sistemas monitorizados, como medio de supervisión e control do uso do recurso. En concreto, actuarase na captación ubicada en Ponte Cordeiro, mediante a implantación dunha medición e rexistros de caudais captados no bombeo.
Implantarase tamén unha estación de medición e rexistro de sinais en estación de tratamento de auga potable e monitorización de consumos enerxéticos na ETAP e nos depósitos ademais da medición e rexistro de niveis e caudais realizarase a medición de cloro e turbidez con subministración eléctrica.
O total de obras a realizar están valoradas en máis de 40.000 euros.


