O Concello de Salvaterra de Miño  abre este venres o prazo de inscrición para participar no seu xa tradicional ENTERRO DA LAMPREA

Cada ano, o sábado seguinte ao martes de entroido, no 2017 será o 4 de marzo, en  Salvaterra percórrese as estradas chorando a morte da súa querida Lamprea.

O ano pasado foron 18 carrozas as que participaron, con máis de 1600 participantes, percorrendo e facendo a ledicia das miles de persoas que se deron cita nesa tarde en Salvaterra para ver desfilar as diferentes carrozas e comparsas, chegadas de toda a comarca, que acompañan a comitiva da defunta lamprea e as súas choronas.

Dende o Consistorio invitan a todos a participar, ou ben formando parte dalgunha das comparsas ou carrozas que se inscriban, ou acompañando a ese grupo de “choronas” que despide a súa querida lamprea polas rúas da vila.

A saída será igual que todos os anos, a partires das 18.00h, con saída da Rúa Rosalía de Castro – Rúa Castelao-Rúa Fonte da Vila – Rúa Dona Urraca e rematará na praza do Concello, onde se lerá o testamento da defunta e se lle prenderá fogo, todo isto acompañado dun chocolate ben quente.

Para máis información visita www.concellodesalvaterra.org

 

 

 20A3127 F 55A2733  20A3066  20A3213  20A3512  20A3569

 

PDF  BASES PARA INFANTIL.

PDF  BASES PARA CARROZAS E COMPARSAS.