O Entroido en Salvaterra de Miño arranca co desfile dos Centros Educativos que se organiza entre o Concello e os Centros Escolares, onde os nenos e nenas percorreran as rúas da Vila mostrando os seus máis fermosos disfraces, cada centro ven cunha temática propia, en moitos casos sobre temas ou traballos que están a facer nas propias aulas dentro do seu programa educativo, os traxes en moitos casos son elaborados en colaboración coas familias ou dende o principio centro, de xeito totalmente artesanal.

O martes celébrase o Festival Infantil que acolle o xa tradicional concurso de disfraces, onde se espera que participen mais de 150 nenos, durante toda a tarde haberá diversas actividades enfocadas aos máis cativos, como karaoke… rematando cunha gran chocolatada con rosca. Este ano dende o Concello queren destacar a incorporación tanto nesta merenda, como na chocolatada que se ofrece no Enterro da Lamprea, que se vai servir chocolate sen gluten para os nenos e nenas con intolerancia., con esta iniciativa o Concello responde a unha necesidade de integrar aos nenos con intolerancias alimentarias, co fin de que todos poidan desfrutar da mesma maneira desta festa pensada exclusivamente para eles.

O mércores tamén será para os pequerrechos da casa, xa que durante toda a tarde na Praza do Concello poderán acceder aos obradoiros de pintacaras e globoflexia.

E o sábado día 4 péchase  o Entroido co Enterro da Lamprea. A pesares de ser unha actividade relativamente nova, ano a ano estase consolidando como un das paradas obrigatoria no Entroido da Comarca, este ano contarase coa participación de 16 carrozas onde haberá máis de mil quinientos participantes no desfile, e onde se prevé a asistencia de máis de 5.000 persoas que se achegarán as nosas rúas para desfrutar deste desfile e da queima da lamprea, debido sobre todo ao traxecto tan atractivo que permite unha completa visión das carrozas e dos participantes das comparsas. 

Foto1 Foto2

Foto3