Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos
O Concello conmemora o día da árbore entre os mais cativos, con actividades didácticas nos Centros Educativos e no Parque Público A Canuda.
Un ano máis, con motivo da celebración do día da árbore, a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Marta Valcárcel, organiza varias actividades involucrando aos Centros Educativos do Municipio.
 
A celebración deste día sirve como recordatorio da importancia de protexer as superficies arboladas. As árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundacións, evitan a erosión... Este día internacional naceu como unha recomendación do Congreso Forestal Mundial aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Almimentación (FAO) no 1971, e o día elexido para a celebración no noso país foi o 21 de marzo, co fin de por en valor e recordar a gran importancia de protexer un ben tan preciado e tan necesario para a nosa subsistencia, tomando conciencia do papel que teñen os recursos forestais e o coidado que se lle debe bridar ás árbores, iso lévanos a necesidade de introducir aos nenos e nenas o antes posible, no coñecemento e a práctica dunha tarefa a longo prazo como é o aprendizaxe no coidado e conservación da natureza.
 
Sabedores da gran importancia que teñen estas iniciativas o Concello de Salvaterra de Miño plantará diversas árbores nos seus Centros Educativos para conmemorar o Día Internacional da Árbore facendo partícipes aos máis cativos, e así levarase a cabo a plantación de diversas árbores froiteiras e carballos no CEIP Infante Felipe de Borbón, no CEP Carlos Casares de Alxén e no CEIP de Leirado, os nenos e nenas do CRA A Lagoa farán a plantación no Parque Público A Canuda, ese “Xardín sobre o Miño” que é o pulmón verde da comarca. Ademais todos poderán desfrutar dun espectáculo infantil “A Música das Árbores”, a través do cal mostraráselle a gran importancia que teñen as árbores e o que provocan os incendios, os lumes, as talas ... no noso día a día, buscando a concienciación entre os que serán os encargados de defendelos no futuro máis cercano. O día 21 realizara a actividade o CEIP Leirado e o CEIP Infante Felipe e o 22 de marzo o Carlos Casares e o CRA A Lagoa.
 
Desta maneira o Concello quere por en valor unha vez mais a gran importancia da natureza e do medio ambiente realzando a gran labor que realizan as árbores, a través dos nenos e nenas do municipio. Temos que recordar que  Salvaterra é un dos Concellos que ten  mais metros cadrados  de zonas verdes ten  por habitante, paseos polor seus ríos, ademais de ter máis de 1.000 árbores plantadas na Vila.

DiaDaArbore

CosCentrosEducativos

la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia