O Concello de Salvaterra de Miño presenta unha programación diferente, divertida pero sobre todo enfocada aos mais cativos, para o mes dos libros.

Según a 1ª Tte de Alcalde Marta Valcárcel Gómez, dende a biblioteca municipal búscase animar aos máis cativos, atraelos ao múndo máxico da lectura a través de diferentes actividades, sobre todo neste mes que se conmemora do día do libro. Así baixo o lema “ABRIL MES DOS LIBROS”  e a través das diferentes actividades, que teñen como eixo central sempre o libro e a lectura, como debuxo, actividades creativas, máxia….. queremos que os nenos e nenas de Salvaterra miren a lectura non como unha obriga, nen algo aburrido, todo o contrario, como unha ferramenta para abrir a nosa mente a un mundo de maxia e diversión.

Así todos os xoves de abril, menos o xoves santo, e o 4 de maio, baixo previa inscrición,  nos talleres ou actividades que contan con prazas limitadas, poderán disfrutar das actividades organizadas dende o Concello.

MesDosLibros