FAITE VER – CAMPAÑA DE EDUCACIÓN VIARIA E COMPORTAMENTO EN EVENTOS DEPORTIVOS DO MOTOR

O Concello de Salvaterra de Miño presenta por segundo ano consecutivo as  Xornadas de Educación Viaria e Comportamento en eventos deportivos do motor, para o próximo 5 de abril no Parque Público A Canuda, dirixidas  ao alumnado de 2º de bacharelato  e de Ciclo do IES Salvaterra de Miño.

Marta Valcárcel Gómez, 1ª Tte de Alcalde e Concelleira de Educación, xunto ao Copiloto local Cándido Carrera e o Director do IES veñen de presentar a campaña  FAITE VER, unha campaña municipal de concienciación enfocada aos máis xovenes do municipio, e que ten un fin claro, concienciar dos perigos que ten a estrada e o mal uso dos vehículos a motor, así como tamén se abordará como  comportarse en eventos deportivos.
Sabemos que os accidentes de tráfico cóbranse moitas vidas ao longo do ano, sobre todo na poboación máis xoven. Ademais o noso Concello é un municipio onde o mundo do motor ten moitos afeccionados, xa que polas nosas estradas pasan varias probas deste deporte. Polo que o Concello xunto ao Instituto e en colaboración coas Escuderías Surco e Mixrallysport organizan esta segunda xornada sobre educación viaria e comportamento en eventos deportivos do motor (tanto asistencialmente como condución en estrada).
Contaremos na parte deportiva con Cándido Carrera Estévez, veciño, copiloto profesional e Campión do Mundo Junior de Rallyes 2012, e con Ignacio Jose Davila Estévez, Director de carreira en eventos deportivos do motor e copiloto amateur. Eles aportarán dende a súa experiencia a visión do comportamento nos eventos deportivos así como a diferenciación dos coches de rúa e os de competición, e o perigo que implica  tratar de emular aos pilotos deportivos.
Na parte de Circulación Viaria, a Policía Local impartirá unha charla teórico – práctica de circulación e respecto na vía pública, usando para elo o circuíto víal do Parque Público A Canuda  por onde circularan con Karts, pondo en práctica todo o aprendido.

SeguridadeVial