Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

LANZADEIRAS DE EMPREGO 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, xunto coa Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, pon en marcha unha nova edición do programa Lanzadeiras de Emprego, nos Concellos da Coruña, Carballo, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Lalín, que permitirá mellorar a empregabilidade das persoas que están en paro e na busca dun novo emprego.

Colectivos aos que se dirixe: Homes e mulleres, entre 18 e 59 anos, inscrit@s como demandantes de emprego, desempregad@s, con perfís diferentes, dende estudos básicos ata titulados universitarios. Non é necesario ter experiencia laboral. O detalle específico das condicións destas lanzadeiras especifícanse máis abaixo. 

Duración da lanzadeira: 5 meses
comezarán o 10 de maio e finalizarán o13 de outubro. Do 14 ao 18 de agosto haberá un descanso.

Lugar de inscrición: Preferiblemente na páxina web:

    http://lanzaderasdeempleo.es/formulario-de-inscripcion

Tamén poden informarse, solicitar e entregar impresos de inscrición:

- Nas oficinas de emprego

- a través dos axentes de emprego e desenvolvemento local


Prazo de inscrición: Ata o 20 de abril de 2017.

Selección de participantes: En cada localidade na que se vai desenvolver a lanzadeira, haberá unha persoa que actúe como coordinadora da lanzadeira, quen fará unha selección de 20 persoas, entre os solicitantes, previa entrevista.

Documentación que se achega con este correo:

- Texto de información ampliada sobre as lanzadeiras.

- Carteis en galego e castelán, para colocar en sitios visibles que axuden a que haxa un número suficiente de solicitudes.

- Información sobre os centros onde se van levar a cabo as lanzadeiras.

- Formulario de inscrición (en galego e español) por se alguén non pode facer a inscrición a través da páxina web. Os formularios que se reciban nesas dependencias, se farán chegar, á maior brevidade posible, a:

    LANZADEIRAS DE EMPREGO 2017

    Subdirección Xeral de Emprego

    Secretaría Xeral de Emprego

    Consellería de Economía, Emprego e Industria

    Edif. Administrativos San Lázaro, s/n - planta 2ª

    15781 Santiago de Compostela

Cartel

 

iconoPDF  Formulario de inscripción.

 iconoEXCEL  Cadro de Centros Lanzadeiras. 

 

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia