NotaPrensa

SALVATERRA ÚNESE CON TUI POR UNHA SENDA FLUVIAL

Comezaron as Expropiacións de terreos pola beira do Río Miño

O Concello  resolveu estes días convocar  aos titulares dos bens e dereitos afectados pola Senda Fluvial que unirá Salvaterra con Tui que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Salvaterra de Miño para que comparezan do 24 de abril ao 5 de maio na Casa da Cultura de Salvaterra. Con data 26 xaneiro de 2015, o Pleno da Corporación procedeu a declarar de utilidade pública as obras que se inclúen no proxecto e a necesidade de proceder a expropiación dos bens e dereitos dos propietarios. Con esta obra  pretendese conseguir a recuperación do entorno natural dun tramo do Río Miño, mediante a implantación dunha senda peatonal de ribeira así como áreas de recreo e lecer, establecendo as condición adecuadas que permitan o disfrute do medio fluvial pola poboación. Este tramo ten unha lonxitude de 7,50 km dende o paseo existente que une o Parque da Canuda co Río Caselas, límite co Concello de Tui.

Esta senda fluvial inclúese dentro da rede Municipal de Sendas fluviais do Río Miño, Tea e Mendo, cun percorrido total para paseos e desfrute de veciños/as e visitantes de máis de 25 km, polas ribeiras dos citados Ríos. Salvaterra con este sendeiro pasará a ser o Municipio con máis kilómetros de sendas fluviais de toda Galicia.

O Concello segue apostando polo Medio Ambiente e pola natureza, sendo o Parque Público A Canuda  o Pulmón verde do Sur de Galicia, contando cun Xardín Botánico de Orquídeas e proximamente inaugurarase un Acuario con toda a fauna dos Ríos, ambos son únicos en Galicia, e ademais somos unha Vila con máis de 1.000 árbores e máis metros cadrados de zonas verdes por habitante. Con accións como esta segue traballando para permitir a poboación unha convivencia co ecosistema fluvial. Débese protexer os espacios fluviais e potenciar a integración destas áreas nos núcleos de poboación, con actuacións que garanticen o mantemento dos procesos fluviais naturais.

Os obxectivos principais que se perseguen dada a vulnerabilidade que presentan os ecosistemas fluviais e o valor estratéxico ecolóxico que conserva este río, por un lado realizar a mínima intervención  posible, plantexar actuación encamiñadas a favorecer os procesos naturais para conseguir sistemas estables e autosostibles e evitar efectos de contaminación da vexetación do bosque de ribeira.