iteafO Concello de Salvaterra de Miño informa a todos os seus veciños e veciñas que o próximo 10 de maio trasladarase ao Torreiro de Mirón en Porto una Unidade de Inspección ITEAF ( Inspección técnica de Equipos de Aplicación Fitosanitaria), específica de sulfatadoras e obrigatoria para equipos que superen os 100 litros e os 5 anos de antigüidade. Todas aquelas persoas que estean interesadas terán que solicitar cita a través da páxina iteaf.nagarservicios.com ou no teléfono 981 79 25 19.

Recorda que é obrigatorio levar o día da inspección a cartilla o día da inspección (Alta no Roma), o número do bastidor visible, limpeza do interior e exterior, sen fugas nos circuítos nin na bomba. Deberá levar o depósito con 2/3 de auga limpa máis o compensador presión na tapa e o visor de volume, a protección arbol transmisión con cadea antixiro, protección tipo “campana” que cubre o enganche da transmisión na bomba, manómetro, antigoteo máis pulverización homoxénea e os filtros de auga, antes da bomba e despois da bomba limpos e en bo estado.

 

 

AvisoITEAF