As obras comezarán a partir do mes de xuño
O Concello  procederá ata o 5 de maio ao pago dos terreos expropiados para a senda que comunicará Salvaterra con Tui, aos máis dos 200 propietarios., a través da convocatoria  dos titulares dos bens e dereitos afectados pola Senda que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello.
Con data 26 xaneiro de 2015, o Pleno da Corporación procedeu a declarar de utilidade pública as obras que se inclúen no proxecto e a necesidade de proceder a expropiación dos bens e dereitos dos propietarios. Con esta obra, que comezará a partir do mes de xuño,  pretendese conseguir a recuperación do entorno natural dun tramo do Río Miño, mediante a implantación dunha senda peatonal de ribeira así como áreas de recreo e lecer, establecendo as condición adecuadas que permitan o disfrute do medio fluvial pola poboación. Este tramo ten unha lonxitude de 7,50 km dende o paseo existente que une o Parque da Canuda co Río Caselas, límite co Concello de Tui.
Esta senda fluvial inclúese dentro da rede Municipal de Sendas fluviais do Río Miño, Tea e Mendo, cun percorrido total para paseos e desfrute de veciños/as e visitantes de máis de 25 km, polas ribeiras dos citados Ríos. Salvaterra con este sendeiro pasará a ser o Municipio con máis kilómetros de sendas fluviais de toda Galicia.
O Concello segue apostando polo Medio Ambiente e pola natureza, sendo o Parque Público A Canuda  o Pulmón verde do Sur de Galicia, contando cun Xardín Botánico de Orquídeas e proximamente inaugurarase un Acuario con toda a fauna dos Ríos, ambos son únicos en Galicia, e ademais somos unha Vila con máis de 1.000 árbores e máis metros cadrados de zonas verdes por habitante. Con accións como esta segue traballando para permitir a poboación unha convivencia co ecosistema fluvial. Débese protexer os espacios fluviais e potenciar a integración destas áreas nos núcleos de poboación, con actuacións que garanticen o mantemento dos procesos fluviais naturais.
Os obxectivos principais que se perseguen dada a vulnerabilidade que presentan os ecosistemas fluviais e o valor estratéxico ecolóxico que conserva este río, por un lado realizar a mínima intervención  posible, plantexar actuación encamiñadas a favorecer os procesos naturais para conseguir sistemas estables e autosostibles e evitar efectos de contaminación da vexetación do bosque de ribeira.

Foto1  Foto2