As solicitudes deberán presentarse do 11 de xullo ao 11 de agosto.


FotoO Concello de Salvaterra de Miño aprobou en Xunta de Goberno Local as bases e a convocatoria específica de concesión de axudas económicas de 75,00€ destinadas á adquisición de libros e material escolar de cara ao próximo curso 2017-2018.

Segundo Marta Valcárcel Gómez, a 1ºTte de Alcalde e Concelleira de Servicios Sociais, o obxectivo destas axudas, que se convocan anualmente, é promover o principio de igualdade na educación e compensar ás familias con recursos limitados para cubrir os custos derivados da escolarización dos seus fillos, entendendo como tales tanto a adquisición de libros como o resto de material escolar. Estas axudas están dirixidas aos alumnos e alumnas de Educación Infantil matriculados nos centros escolares de Salvaterra.

O prazo para a presentación das solicitudes será do 11 xullo ao 11 agosto, ambos inclusive. Os interesados ​​en solicitar esta axuda económica deberán presentar as solicitudes xunto coa documentación esixida polo Departamento de Servizos Sociais, os martes ou xoves, nese mesmo departamento, de 08.00 a 14.00 horas.

É necesario aportar xunto coa solicitude o DNI ou NIE dos membros da unidade familiar, o libro de familia e xustificantes dos ingresos da unidade familiar do ano en curso. Os interesados terán que achegar o recibo de aluguer ou o certificado bancario en caso de estar pagando unha hipoteca da súa vivenda habitual. Ademais, é necesaria unha copia da declaración de renda e sentencia e convenio regulador en caso de divorcio.

Para máis información contacte co Departamento de Servizos Sociais, todos os interesad@s poden consultar as bases e descargar o modelo de solicitude na páxina www.concellodesalvaterra.com.

 

iconoPDF Axudas Libros.

iconoPDF Bases.

iconoPDF Modelo solicitude.