Un ano máis, e xa van sete, o Concello de Salvaterra de Miño e os centros escolares de Infantil do Municipio, é dicir, o CEIP Infante Felipe de Borbón, o Cra A Lagoa e o CEIP de Leirado, organizan a xa tradicional Xuntanza Escolar de  Infantil, o vindeiro venres 26 de maio a partires das 10.00h, no Parque Público A Canuda, na cal contan tamén coa colaboración da Policía Local, Policía Nacional, a Garda Civil, Protección Civil de Redondela e nais e pais voluntarios do centros participantes.
Ó longo da mañá os diferente grupos formados por nenos e nenas de entre 3 e 5 anos realizarán diferentes obradoiros e actividades como pescar, educación viaria, paseos en barca, manualidades,  inchables, obradoiros de xogos psicomotrices, …, sempre gracias a colaboración dos profesores e profesoras e aos pais e nais.
Estas actividades organízanse con un dobre fin, por un lado  o lúdico e por outro o da convivencia, xa que con accións coma estas o que se busca sempre é unha integración e convivencia efectiva entre os escolares dos diferentes centros do municipio, ademais de ter tamén un carácter educativo, xa que  a Policía Local daralle unas leccións de educación viaria no circuito, a Policía Nacional, a Garda Civil e Portección Civil levarán os seus vehículos e ensinaránlles como funcionan e como traballan no seu día a día. Haberá un grupo de voluntarios encargados de facer os paseos en barca, as manualidades, obradoiros e xogos… e como non tamén terán tempo para pasalo ben e saltar nos inchables.

cab1   cab4