O pasado sábado 12 de agosto o Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño retrocedeu a época dos 60’, 70’ e 80’ da man da última incorporación na programación do Verán Cultural que organiza o Concello de Salvaterra de Miño no mes de agosto, a festa IMOS DE GUATEQUE. Unha festa pensada e diseñada para tod@s e na cal houbo unha importante implicación e participación do público asistente, que viu caracterizada da época, e disfrutou do ambiente e da música do momento, dende os mais cativos aos máis lonxevos do municipio e dos arredores, xa que entre os asistentes había persoas de toda a contorna e do país veciño, nun recinto ambientado e decorado para retroceder no tempo.

 20A5763 20A5797 20A5806 20A5809

Q55A7817Q55A8025